CONTRATO DE LICENZA DE USUARIO FINAL

Última actualización: 04-2024

IMPORTANTE:
LEA ATENTAMENTE O PRESENTE CONTRATO DE LICENZA DE USUARIO FINAL (END USER LICENSE AGREEMENT – “EULA”) ANTES DE UTILIZAR O SOFTWARE. AO UTILIZALO, ESTARÁ A ACEPTAR OS TERMOS E CONDICIÓNS DO EULA. SE NON ACEPTA OS TERMOS E CONDICIÓNS DESTE EULA, NON PODERÁ UTILIZAR O SOFTWARE.

Este EULA constitúe un contrato legal entre Vde. e Sony Corporation (“SONY”). Este EULA rexe os seus dereitos e obrigas con respecto ao software mocopi de SONY e/ou dos seus terceiros licenciantes (incluíndo as filiais de SONY) e as súas respectivas filiais (conxuntamente, os “TERCEIROS PROVEDORES”), xunto con todas as actualizacións/novas versións, toda a documentación imprimida, on-line ou electrónica relativa ao software, e todos os arquivos de datos, fornecidos por SONY ou TERCEIROS PROVEDORES, ou creados mediante o funcionamento do devandito software (conxuntamente, o “SOFTWARE”).

Sen prexuízo do anteriormente disposto, todo programa de software incluído no SOFTWARE que teña un contrato de licenza de usuario final á parte (incluíndo, sen limitación ningunha, a Licenza Pública Xeral de GNU (GNU General Public License), a Licenza Pública Xeral Reducida de GNU (GNU Lesser General Public License) e a Licenza Pública Xeral para Bibliotecas de GNU (GNU Library General Public License) rexerase por esoutro contrato de licenza de usuario final á parte en substitución dos termos e condicións deste EULA na medida do estipulado polo contrato de licenza de usuario final en cuestión (o “SOFTWARE EXCLUÍDO”).

LICENZA DE SOFTWARE
O SOFTWARE outórgase baixo licenza, non se vende. O SOFTWARE está protexido por dereitos de autor e por todos os tratados internacionais e demais leis de propiedade intelectual.

DEREITOS DE AUTOR
Todos os dereitos e a titularidade sobre o SOFTWARE (incluíndo, sen limitación ningunha, calquera imaxes, fotografías, animacións, vídeo, audio, música, texto, “applets” ou outros contidos incorporados no SOFTWARE) pertencen a SONY ou a un ou varios dos TERCEIROS PROVEDORES.

OUTORGAMENTO DE LICENZA
SONY outórgalle unha licenza limitada, non exclusiva, persoal e instransferible de uso do SOFTWARE exclusivamente en relación co seu dispositivo compatible (incluíndo, sen limitación ningunha, os produtos de SONY co software incorporado ou incluído no paquete) (“DISPOSITIVO”) unicamente de conformidade con este EULA e as instrucións de uso fornecidas por SONY ou os TERCEIROS PROVEDORES. SONY e os TERCEIROS PROVEDORES resérvanse expresamente todos os dereitos, a plena titularidade e os intereses (incluíndo, sen limitación ningunha, todos os dereitos de propiedade intelectual) sobre o SOFTWARE que este EULA non lle outorgue de forma específica.

REQUISITOS E LIMITACIÓNS
Vde. non poderá copiar, publicar, adaptar, redistribuír, intentar descifrar o código fonte, modificar, realizar traballos de enxeñaría inversa, descompilar ou desensamblar ningún SOFTWARE, total ou parcialmente, ou crear traballos derivados do SOFTWARE, salvo que os devanditos traballos derivados sexan facilitados intencionadamente polo SOFTWARE. Non poderá modificar ou alterar as funcións de xestión dos dereitos dixitais do SOFTWARE. Non poderá eludir, modificar, anular ou evitar ningunha das funcións e proteccións do SOFTWARE nin ningún mecanismo operativamente vinculado ao SOFTWARE. Non poderá separar ningún compoñente individual do SOFTWARE para ser utilizado en máis dun DISPOSITIVO salvo que SONY así o autorice expresamente. Non poderá suprimir, alterar, ocultar ou eliminar ningunha das marcas e advertencias do SOFTWARE. Non poderá compartir, distribuír, alugar, arrendar, sublicenciar, ceder, transferir ou vender o SOFTWARE. Non poderá utilizar o SOFTWARE en relación con infraccións de leis, regulamentos, decisions xudiciais ou outras disposicións de obrigado cumprimento legal dunha autoridade pública ou política pública, nin coa infracción de dereitos ou intereses protexidos pola lei (incluíndo, sen limitación ningunha, os dereitos de propiedade intelectual ou outros dereitos de propiedade, e os dereitos de comercializar segredos, honores, privacidade e publicidade) de SONY, cada un dos TERCEIROS PROVEDORES ou calquera outro terceiro, O software, os servizos de rede e o resto de produtos distintos do SOFTWARE dos que depende o funcionamento do SOFTWARE poderán modificarse, deixar de prestarse ou comercializarse a elección exclusiva dos provedores (provedores de software, provedores de servizo ou SONY). Nin SONY nin os mencionados provedores garanten que o SOFTWARE, os servizos de rede, os contidos e o resto de produtos seguirán estando dispoñibles ou que funcionarán sen interrupcións ou modificacións.

SOFTWARE EXCLUÍDO E COMPOÑENTES DE CÓDIGO ABERTO
Sen prexuízo da licenza limitada outorgada anteriormente, Vde. recoñece que o SOFTWARE poderá incluír SOFTWARE EXCLUÍDO. Determinado SOFTWARE EXCLUÍDO poderá estar cuberto por licenzas de software de código aberto (“Compoñentes de Código Aberto”), é dicir, aquelas licenzas de software aprobadas como licenzas de código aberto pola Iniciativa de Código Aberto ou outras licenzas substancialmente similares, incluíndo, sen limitación ningunha, calquera licenza que, como condición para a distribución do software outorgado baixo a mesma, esixa que o distribuidor ofreza o software en formato de código fonte. Cando a devandita divulgación sexa obrigatoria, deberá visitar a páxina oss.sony.net/Products/Linux ou calquera outra páxina web que SONY determine para consultar a lista de COMPOÑENTES DE CÓDIGO ABERTO incluídos no SOFTWARE en cada momento, así como os termos e condicións polos que se rexe o seu uso. Estes termos e condicións poderán ser modificados en calquera momento polo correspondente terceiro sen incorrer por iso en ningún tipo de responsabilidade fronte a Vde. Na medida do estipulado nas licenzas polas que se rexe o SOFTWARE EXCLUÍDO, os termos e condicións das devanditas licenzas serán de aplicación en lugar dos termos e condicións deste EULA. Na medida que os termos e condicións das licenzas de aplicación ao SOFTWARE EXCLUÍDO prohiban calquera das restricións contidas neste EULA con respecto ao devandito SOFTWARE EXCLUÍDO, tales restricións non serán de aplicación ao mencionado SOFTWARE EXCLUÍDO. Na medida que os termos e condicións das licenzas de aplicación aos Compoñentes de Código Aberto esixan a SONY ofrecer o código fonte relativo ao SOFTWARE, a devandita oferta realízase en virtude do presente EULA.

UTILIZACIÓN DO SOFTWARE CON MATERIAIS PROTEXIDOS POR DEREITOS DE AUTOR
É posible que o SOFTWARE lle permita visualizar, almacenar, procesar e/ou utilizar contido creado por Vde. e/ou por outros terceiros. O devandito contido poderá estar protexido por dereitos de autor e por leis e/ou acordos en materia de propiedade intelectual. Vde. obrígase a utilizar o SOFTWARE unicamente de conformidade coas leis e os acordos que sexan de aplicación ao devandito contido. Vde. recoñece e acepta que SONY poderá adoptar as medidas oportunas para protexer o contido almacenado, procesado ou utilizado polo SOFTWARE. As devanditas medidas incluirán a título enunciativo, que non limitativo, a negación de aceptar a súa solicitude de habilitar copias de seguridade e a restauración de contidos mediante determinadas características do SOFTWARE, e a resolución do presente EULA en caso de que Vde. utilice o SOFTWARE de forma ilícita.

SERVIZOS DE CONTIDO
O SOFTWARE PUIDO SER DESEÑADO PARA SER UTILIZADO CO CONTIDO DISPOÑIBLE A TRAVÉS DUN OU VARIOS SERVIZOS DE CONTIDO (“SERVIZO DE CONTIDO”). O USO DO SERVIZO E DO CORRESPONDENTE CONTIDO ESTÁ SUXEITO AOS TERMOS E CONDICIÓNS DE SERVIZO DESE SERVIZO DE CONTIDO. SE NON ACEPTA ESES TERMOS E CONDICIÓNS, A SÚA UTILIZACIÓN DO SOFTWARE QUEDARÁ LIMITADA. Vde. recoñece e acepta que determinados contidos e servizos dispoñibles a través do SOFTWARE poderán ser proporcionados por outros terceiros sobre os que SONY non ten ningún tipo de control. O USO DOS SERVIZOS DE CONTIDO ESIXE CONEXIÓN A INTERNET. OS SERVIZOS DE CONTIDO PODERÁN MODIFICARSE OU DEIXAR DE PRESTARSE EN CALQUERA MOMENTO.

CONEXIÓN A INTERNET E SERVIZOS DE TERCEIROS
Vde. recoñece e acepta que o acceso a determinadas prestacións do SOFTWARE poderá esixir conexión a Internet da que Vde. será o único responsable. Así mesmo, será enteiramente responsable do pagamento das tarifas relativas á súa conexión a Internet incluíndo, sen limitación ningunha, as tarifas dos provedores de Internet ou de tempo de uso. O funcionamento do SOFTWARE poderá quedar limitado ou restrinxido en función das capacidades, o ancho de banda ou as limitacións técnicas da súa conexión e servizo de Internet. A subministración, a calidade e a seguridade da devandita conexión a Internet son responsabilidade exclusiva súa ou do terceiro que preste o devandito servizo.

EXPORTACIÓN E OUTRA NORMATIVA
Vde. obrígase a cumprir con todas as normativas e restricións en materia de exportación e reexportación que resulten de aplicación na rexión ou o país onde Vde. reside ou utiliza o SOFTWARE, e obrígase así mesmo a non transferir o SOFTWARE (ou autorizar a súa transferencia) a un país prohibido ou en contravención do estipulado polas devanditas normativas e restricións.

ACTIVIDADES DE ALTO RISCO
O SOFTWARE non é infalible nin foi deseñado, fabricado ou concibido para ser utilizado ou revendido como equipo de control on-line en ámbitos perigosos que requiran un funcionamento a proba de fallos, como en instalacións nucleares, sistemas de navegación ou comunicación aérea, sistemas de control do tráfico aéreo, equipos de soporte vital directo ou sistemas armamentísticos, nos que o fallo do SOFTWARE podería provocar mortes, danos persoais ou graves danos materiais ou ambientais (as “ACTIVIDADES DE ALTO RISCO”). SONY, e todos e cada un dos TERCEIROS PROVEDORES e as súas respectivas filiais exclúen especificamente calquera garantía, obriga ou condición, expresa ou implícita, sobre a idoneidade do SOFTWARE para o desenvolvemento de ACTIVIDADES DE ALTO RISCO.

EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS SOBRE O SOFTWARE
Vde. recoñece e acepta que a utilización do SOFTWARE será pola súa conta e risco exclusivamente e que Vde. será o responsable do seu uso. O SOFTWARE proporciónase “TAL CAL, “ sen garantías, obrigas ou condicións de ningún tipo.

SONY E TODOS E CADA UN DOS TERCEIROS PROVEDORES (para os efectos desta Cláusula, SONY e os TERCEIROS PROVEDORES denominaranse conxuntamente “SONY”) EXCLÚEN EXPRESAMENTE TODAS AS GARANTÍAS, OBRIGAS OU CONDICIÓNS, EXPRESAS OU IMPLÍCITAS, INCLUÍNDO, SEN LIMITACIÓN NINGUNHA, AS GARANTÍAS IMPLÍCITAS DE COMERCIABILIDADE, CALIDADE, ADECUACIÓN A UN FIN CONCRETO, PRECISIÓN, TÍTULO E NON INFRACCIÓN SEN LIMITAR A XENERALIDADE DO ANTERIOR. SONY NON GARANTE NIN ESTABLECE NINGÚN TIPO DE CONDICIÓN O MANIFESTACIÓN NO SENTIDO DE QUE (A) AS FUNCIÓNS CONTIDAS NO SOFTWARE SE AXUSTARÁN AOS SEUS REQUISITOS OU SERÁN ACTUALIZADAS, (B) O SOFTWARE FUNCIONARÁ CORRECTAMENTE, ESTARÁ LIBRE DE ERROS OU OS SEUS POSIBLES FALLOS SERÁN CORRIXIDOS, (C) O SOFTWARE NON DANARÁ NINGÚN OUTRO SOFTWARE, HARDWARE OU DATOS, (D) O SOFTWARE, OS SERVIZOS DE REDE (INCLUÍNDO INTERNET) OU OS PRODUTOS (DISTINTOS DO SOFTWARE) DOS QUE DEPENDE O FUNCIONAMENTO DO SOFTWARE SEGUIRÁN ESTANDO DISPOÑIBLES, OU NON EXPERIMENTARÁN INTERRUPCIÓNS OU MODIFICACIÓNS, E (E), CON RESPECTO AO USO OU AOS RESULTADOS DO USO DO SOFTWARE, SONY NON GARANTE NIN ESTABLECE NINGÚN TIPO DE CONDICIÓN O MANIFESTACIÓN EN CANTO Á SÚA EXACTITUDE, PRECISIÓN, FIABILIDADE OU CALQUERA OUTRO ASPECTO.

NINGUNHA INFORMACIÓN OU INDICACIÓN FACILITADA VERBALMENTE OU POR ESCRITO POR SONY OU POR UN REPRESENTANTE AUTORIZADO DE SONY SERÁ CONSTITUTIVA DUNHA GARANTÍA, OBRIGA OU CONDICIÓN NIN AMPLIARÁ DE NINGUNHA MANEIRA O ÁMBITO DE APLICACIÓN DESTA GARANTÍA. EN CASO DE QUE O SOFTWARE RESULTE DEFECTUOSO, VDE. ASUMIRÁ O CUSTO ÍNTEGRO DE TODOS OS TRABALLOS DE REVISIÓN, REPARACIÓN OU EMENDA QUE RESULTEN NECESARIOS. ALGUNHAS XURISDICIÓNS NON PERMITEN A EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS IMPLÍCITAS, POLO QUE ESTAS EXCLUSIÓNS PODERÍAN NON SERLLE DE APLICACIÓN NA MEDIDA EN QUE CONTRAVEÑAN A LEI APLICABLE NA SÚA XURISDICIÓN.

LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE
NIN SONY NIN NINGÚN DOS TERCEIROS PROVEDORES (para os efectos desta Cláusula, SONY e os TERCEIROS PROVEDORES denominaranse conxuntamente “SONY”) SERÁN RESPONSABLES POR CALQUERA PERDA OU DANO DERIVADO, INDIRECTO, ESPECIAL OU EMERXENTE QUE POIDA RESULTAR DA INFRACCIÓN DE CALQUERA GARANTÍA EXPRESA OU IMPLÍCITA, DE CALQUERA INCUMPRIMENTO CONTRACTUAL OU NEGLIXENCIA, OU EN APLICACIÓN DO PRINCIPIO DE RESPONSABILIDADE OBXECTIVA OU DE CALQUERA OUTRO PRINCIPIO XURÍDICO EN RELACIÓN CO SOFTWARE, INCLUÍNDO, SEN LIMITACIÓN NINGUNHA, CALQUERA DANOS DERIVADOS DE PERDA DE BENEFICIOS, PERDA DE INGRESOS, PERDA DE DATOS, PERDA DE UTILIZACIÓN DO SOFTWARE OU CALQUERA HARDWARE RELACIONADO, TEMPO DE INACTIVIDADE E TEMPO DO USUARIO, AÍNDA CANDO SE ADVERTISE DA POSIBILIDADE DE QUE SE PRODUZAN TALES PERDAS OU DANOS. EN TODO CASO, A RESPONSABILIDADE TOTAL DE SONY DERIVADA DE CALQUERA DISPOSICIÓN DO PRESENTE EULA ESTARÁ LIMITADA AO IMPORTE EFECTIVAMENTE ABOADO POLO SOFTWARE, O PRODUTO DE SONY ONDE ESTÁ INCORPORADO O SOFTWARE OU QUE FORME PARTE DO PAQUETE OU SERVIZO DE SONY AO QUE ESTÁ DEDICADO O SOFTWARE. ALGUNHAS XURISDICIÓNS NON PERMITEN ESTAS EXCLUSIÓNS OU LIMITACIÓNS DA RESPONSABILIDADE, POLO QUE A EXCLUSIÓN DISPOSTA ANTERIORMENTE PODERÍA NON SERLLE DE APLICACIÓN NA MEDIDA EN QUE CONTRAVEÑA A LEI APLICABLE NA SÚA XURISDICIÓN.

FUNCIÓN DE ACTUALIZACIÓN AUTOMÁTICA
SONY ou os TERCEIROS PROVEDORES poderán actualizar ou modificar o SOFTWARE de forma automática para diversos fins como, a título enunciativo, o perfeccionamento de funcións de seguridade, a corrección de erros e a mellora de funcións, tanto no momento en que Vde. interactúe cos servidores de SONY ou de ditos terceiros como en calquera outro momento. As devanditas actualizacións ou modificacións poderán eliminar ou cambiar a natureza das características ou outros aspectos do SOFTWARE incluíndo, sen limitación ningunha, as funcións que Vde. utilice habitualmente. Vde. recoñece e acepta que tales actividades poderán realizarse a elección exclusiva de SONY e que SONY poderá esixirlle que instale ou acepte totalmente tales actualizacións ou modificacións para poder seguir utilizando o SOFTWARE. Calquera actualización/modificación considerarase e constituirá parte integrante do SOFTWARE para os efectos do presente EULA. Ao aceptar o presente EULA, Vde. presta o seu consentimento para que se leve a cabo a devandita actualización/modificación.

ACORDO COMPLETO, RENUNCIA E NULIDADE PARCIAL
Este EULA, na versión vixente destes documentos en cada momento, constitúe o acordo completo entre Vde. e SONY con respecto ao SOFTWARE. A omisión por parte de SONY no exercicio ou esixencia de calquera dereito ou disposición deste EULA non constituirá unha renuncia ao devandito dereito ou disposición. Se algunha disposición do presente EULA é declarada inválida ou inaplicable, esa disposición aplicarase na medida máxima do permitido por lei co fin de manter o espírito deste EULA, e as disposicións restantes permanecerán vixentes en todos os seus termos.

LEI APLICABLE E XURISDICIÓN
O presente EULA rexerase polas leis de Inglaterra, na medida en que a lexislación europea ou do país no que se forneceu ou adquiriu o SOFTWARE (a ubicación onde adquiriu o software como consumidor) non dispoñan o contrario. Os conflitos derivados deste EULA estarán suxeitos á xurisdicióndos tribunais de Inglaterra ou do país europeo no que resida.

ACCIÓNS LEGAIS
Sen prexuízo de calquera disposición en sentido contrario contida neste EULA, Vde. recoñece e acepta que calquera contravención ou incumprimento deste EULA por parte de Vde. ocasionará un dano irreparable a SONY, con respecto ao cal sería insuficiente unha indemnización monetaria. En consecuencia, Vde. acepta que SONY poderá solicitar as medidas xudiciais e preventivas que considere necesarias ou convenientes en tales circunstancias. Así mesmo, SONY poderá adoptar as medidas legais e técnicas que se precisen para evitar calquera contravención deste EULA e/ou velar polo seu cumprimento incluíndo, sen limitación ningunha, o cesamento inmediato do seu uso do SOFTWARE se SONY considera, á súa elección exclusiva, que Vde. está a infrinxir ou pretende infrinxir este EULA. Estas accións legais son adicionais a calquera outras das que SONY poida dispoñer conforme a Dereito, en virtude dos principios de equidade ou o contrato.

RESOLUCIÓN
Sen prexuízo do resto de dereitos que lle asisten, SONY poderá resolver este EULA se Vde. incumpre calquera dos seus termos e condicións. En caso de producirse tal resolución, Vde. deberá: (i) deixar de utilizar o SOFTWARE e destruír todas as súas copias; (ii) cumprir coas obrigas recollidas na cláusula titulada “as súas Responsabilidades de Conta” a continuación.

MODIFICACIÓN
SONY RESÉRVASE O DEREITO A MODIFICAR OS TERMOS E CONDICIÓNS DESTE EULA Á SÚA ELECCIÓN EXCLUSIVA PUBLICANDO UN AVISO NA PÁXINA WEB DESIGNADA POR SONY, ENVIÁNDOLLE UNHA NOTIFICACIÓN Á DIRECCIÓN DE CORREO ELECTRÓNICO QUE FACILITASE, COMUNICÁNDOLLO COMO PARTE DO PROCESO A TRAVÉS DO CAL VDE. OBTEÑA NOVAS VERSIÓNS/ACTUALIZACIÓNS O POR CALQUERA OUTRA FORMA DE NOTIFICACIÓN LEGALMENTE PREVISTA. Se non está conforme coa modificación, deberá poñerse en contacto inmediatamente con SONY para recibir as instrucións pertinentes. Se segue utilizando o SOFTWARE tras a data de efecto da correspondente notificación, entenderase que aceptou a modificación e que se obriga a cumprila.

TERCEIROS BENEFICIARIOS
Cada un dos TERCEIROS PROVEDORES considerarase expresamente un terceiro beneficiario das disposicións deste EULA relativas ao seu software e, en consecuencia, terá dereito a esixir o seu cumprimento.

AS SÚAS RESPONSABILIDADES DE CONTA
Se devolve o seu DISPOSITIVO no lugar onde o adquiriu, o vende ou o transfire, ou en caso de resolución deste EULA, deberá, de ser razoablemente posible, desinstalar o SOFTWARE do DISPOSITIVO e eliminar todas as contas que puidese crear no DISPOSITIVO ou ás que tivese acceso a través do SOFTWARE. Vde. será o único responsable de manter a confidencialidade das contas que teña en SONY ou noutros terceiros, así como dos nomes de usuario e contrasinais asociados ao seu uso do DISPOSITIVO.

Se necesita calquera aclaración con respecto ao presente EULA, diríxase a SONY por escrito a través da dirección de contacto para a rexión ou o país correspondente.